mastodon-android/fastlane/metadata/android/gl-ES/full_description.txt

17 lines
1.9 KiB
Plaintext

Mastodon é a rede social descentralizada máis grande de internet. Non é unha soa web, é unha rede de millóns de persoas en comunidades independentes que poden interactuar entre elas, sen problema. Sexan cales fosen os teus intereses, podes atopar persoas comentando ese tema en Mastodon!
Únete a unha comunidade e crea un perfil. Atopa e sigue a persoas abraiantes lendo as súas publicacións en cronoloxías sen publicidade e orde cronolóxica. Exprésate usando emojis personalizados, imaxes, GIFs, vídeos e audio con publicacións de 500 caracteres. Responde aos fíos e promove publicacións doutras persoas que creas relevantes. Atopa novas contas e segue os cancelos en voga para facer medrar a túa rede.
Mastodon está creado pensando na privacidade e seguridade. Decide con quen compartes as túas publicacións, só coas seguidoras ou persoas que mencionas, ou con todo o mundo. Os avisos sobre o contido permiten agochar contido sensible ou material que podería crear ansiedade ata que estás preparada para velo. Cada comunidade ten as súas normas e a moderación coida da seguridade das persoas da instancia, con ferramentas para denunciar e bloquear e así evitar abusos.
Máis características:
• Modo Escuro: ler publicacións en modo claro, escuro ou negro verdadeiro
• Enquisas: pregúntalle ás seguidoras a súa opinión e recolle os votos
• Explorar: Cancelos e contas en voga facilmente accesibles
• Notificacións: recibe notificacións sobre seguimentos, respostas e promocións
• Compartir: publica directamente en Mastodon desde o menú de calquera app
• Fermosura: a nosa mascota é un elefante moi feitiño, que verás a miúdo por aquí
Mastodon é unha organización rexistrada sen ánimo de lucro cuxo desenvolvemento está financiado por doazóns. Non hai publicidade, nen monetización, sen inversións de capital risco, e pretendemos seguir así.